Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Novedades Carminha pisan o freo

A BANDA COMPOSTELá FIXO PúBLICA A SúA INTENCIóN DE COLLER UN DESCANSO NA SúA CARREIRA ININTERROMPIDA

Novedades Carminha pisan o freo

POP | marzo 21, 2022

imaxe non dispoñible

"Decidimos que precisamos un descanso e por iso imos parar indefinidamente", así comunicaba hoxe o grupo Novedades Carminha a súa intención hoxe a través das redes sociais. A interrupción desta "etapa" de actividade non incluirá concertos nin xiras de despedida, segundo a banda " nin intentaremos sacarvos a pasta cun disco en directo ou un recopilatorio", din aos seguidores. O grupo desexa que este afastamento implique unha recarga de forzas que incite a botar de menos a actividade e "vernos de novo", indica sobre o futuro, "e se non, aí quedan os nosos discos", din referíndose aos 5 álbums que foron publicando nos seus 14 anos de carreira musical. Xustamente co seu derradeiro traballo 'Ultraligero' (Ernie Recordos, 2019), a banda acadaba nos Premios MIN 2020, da música independentes estatal, o éxito absoluto no panorama musical dese ano, coroada con tres a Mellor Álbum Pop do ano, Mellor Artista e tamén ao do Mellor Directo nacional. Os Novedades Carminha estiveron presentes en festivais e deron concertos por España, EE.UU. e México ante milleiros de persoas.