Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Son do Camiño presenta o cartel da súa volta en pleno Ano Santo
O Son do Camiño presenta o cartel da súa volta en pleno Ano Santo
marzo 3, 2022
O festival O Son do Camiño, volve ao Monte do Gozo de Santiago no seu formato orixinal e en pleno Ano Santo e xa ten un cartel case completo que ven de presentar. Máis de 40 nomes artístico conforman a oferta musical de tres días, do 16 ao 18 de xuño, e se ben as cabezas de cartel son artistas da escena internacional (The Chemical Brothers, Liam Gallagher, Foals, Jason Derulo ou Editors) e con ampla presenza de músicas urbanas (C Tangana, Anuel AA, Jhay Cortez, Duki, Justin Quiles, Nathy Peluso ou Nicki Nicole) tamén hai espazo nas letras intermedias e pequenas para os artistas galegos.
En termos de presenza en cartel os artistas galegos supoñen máis o 40% da programación, segundo indican desde a organización. Con diferentes estilos e pasando por diversas franxas de idade en O Son da Camiño estarán Sen Senra, Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies con Silvia Superstar, Budiño, Kings of The Beach, Boyanka Kostova, Escichando Elefantes, Furious Monkey House, Wöyza, Pablo Lesuit ou Guadi Galego. Estarán tamén A organización asegura que aínda quedan artistas por confirmar.
Ampliación de capacidade
Unha das novidades de O Son Do Camiño 2022 será a presentación efectiva da ampliación de capacidade do recinto no Monte Do Gozo. Os traballo para aumentar esta entrada de xente xa se levaron a cabo en anos anteriores pero por mor da pandemia non se puideron utilizar dese xeito. Así, esta terceira edición poderá acoller a máis de 100.000 persoas no espazo compostelán. Unha ampliación que supón un aumento dun vinte por cento nun recinto que ademais engadirá un terceiro escenario. A Zona de Descanso estará preparada, segundo a organización, para acoller ata 4.000 persoas. Os abonos poranse á venda o vindeiro mércores 9 de marzo ás 12.30h.