Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Dakidarría reúnen todos os seus sinais de identidade en 'Colaxe'

PARA O SEU NOVO DISCO A BANDA CONTA CON NUMEROSAS COLABORACIóNS DA ESCENA MUSICAL GALEGA

Dakidarría reúnen todos os seus sinais de identidade en 'Colaxe'

FUSIóN | febreiro 28, 2022

colaxe_dakidarria.jpg

Xa está aquí 'Colaxe' (El Garage Producciones, 2022), o agardado novo disco da banda Dakidarría. Seis anos despois do disco en directo en formato CD-DVD 'De cuncas e de mar' (2016), co que celebraban os seus 13 anos de traxectoria, o grupo volve e gravar novos temas para esta celebración de 18 anos de actividade nos que nunca deixaron de estar presentes sobre os escenarios e festivais do país. O disco xa está dispoñible nas plataformas dixitais.

Para este importante momento os Dakídarría presentan en 'Colaxe' dez temas coherentes coa súa identidade musical festiva e contestataria. Temas como 'Pobo de artistas', 'Somos Nós', 'Seguimos en pé!' ou 'Que pidan perdón' deixan as claras que a actitude combativa e reivindicativa coa súa terra non decaeu en absoluto cos anos. Importante prsenza dos instrumentos de metal no seu estilo de fanfarra, ská, reggae, hip-hop ou rock son algúns dos sons que a banda ofrece ao longo deste novo traballo no que todas as letras están en galego agás 'Saltvage', en catalán coa colaboración de Xabi Arakama . Cunha formación ampliada a nove integrantes e a súa enorme bagaxe musical o grupo presenta con este, o seu sétimo traballo longo, sexto de estudio co que está prevista tamén unha xira que aínda non ten datas concretadas. O disco gravouse maioritariamente en Nigrán, nos estudios Carpintería, e por alí a banda fixo pasar a unha gran representación da escena musical galega, xa que ata 8 dos dez temas contan con unha ou máis colaboracións. Nalgún caso como na canción 'Somos un pobo de artistas', un dos temas de lanzamento, ademais da colaboración destacada das Tanxugueiras e O Rabelo, a lista de colaboracións resulta inabarcable nestas liñas incluíndo entre outros moitos a Aphonnic, Cuarta Xusta, Ezetaerre, Wöyza, García MC, High Paw, O Sonoro Maxín, Mounqup, Som Do Galpóm ou Pauliña, entre outras.

datos do disco
Ligazóns