Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As Tanxugueiras volven a Ortigueira encabezando cartel

O DúO CAAMAñO & AMEIXEIRAS SúMANSE A FIANDOLA PARA O INTERCéLTICO DE LORIENT

As Tanxugueiras volven a Ortigueira encabezando cartel

MISCELáNEA | febreiro 18, 2022

imaxe non dispoñible

O Festival Internacional do Mundo celta de Ortigueira volve este ano e nel volven a estar as Tanxugueiras, como xa estiveron en 2019, pero esta vez no máis alto do cartel. As pandereteiras foron anunciadas esta semana como a fichaxe estrela deste festival de referencia da música folk e tradicional, onde xa estiveron na 41ª edición pre-pandemia. O festival, que se celebrará entre o 10 e o 17 de xullo, tamén confirmou a presenza dos escoceses Red Hot Chilli Pipers.

Pola súa banda o nome das Tanxugueiras, como era de agardar, vai aparecendo en máis citas que se están a confirmar para a axenda anual, servindo a súa enorme popularidade como reclamo instantáneo de calquera evento. É o caso de outro dos eventos senlleiros da música tradicional, a Foliada de Melide, que tamén volve este ano coa súa XVª edición tras dous anos sen celebrarse que ven de anunciar ás Tanxugueiras no seu cartel para o 24 de abril. Tamén no festival Revenidas de Vilaxoán de Arousa engádese o trío no seu cartel para este ano.

Outro dos festivais de referencia para a música folk, o Festival Intercéltico de Lorient na Bretaña francesa, anunciou tamén parte do cartel desta súa 51ª edición, dedicada neste caso a Asturias, pero na que tamén vai habendo sitio para a música galega. Este ano será o dúo Caamaño & Ameixeiras o que representará ao noso país nesta importante cita, sumándose a un cartel no que xa estaban confirmados tamén Fiandola.

Vilalba presenta o FIV
Xa no relativo á música pop e rock, as novidades desta semana apuntan sobre todo a Vilalba, dende onde se ven presentar a que será a décimo quinta edición dun FIV que xa ten as primeiras confirmacións musicais deste ano. A celebrarse entre o 22 e o 24 de abril este festival de música indie, o evento ten xa na cabeza de cartel a un músico galego que tamén despunta a nivel nacional. O vigués Sen Senra encabeza a lista de confirmacións na que tamén están Viva Suecia, Natalia Lacunza, La La Love You, Rufus T. Firefly e Cupido. As entradas xa están á venda.