Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Esmorga Fest pecha o cartel e Ourensound engade ás Tanxugueiras

O FESTIVAL A REVOLTA DO UMIA EN CUNTIS PRESENTA TAMéN CONFIRMACIóNS DE BANDAS GALEGAS

Esmorga Fest pecha o cartel e Ourensound engade ás Tanxugueiras

MISCELáNEA | febreiro 11, 2022

imaxe non dispoñible

As boas previsións e un actual clima de positividade na escena musical galega semella que fixaron o momento propicio para que esta semana se comunicasen varias novidades no calendario dos festivais da nosa comunidade, xa para esta primavera. O Esmorga Fest fai novas confirmacións pechando cartel e outros como Revolta do Umia xa saen con elas da casa, tamén traen novas o Ourensound Fest e o Castelo Rock de Muros, que confirma celebración polo de agora para os vindeiros 22 e 23 de xullo .

Esmorga Fest de Sarria ven de "botar toda a carne ao asador" con 6 novas confirmacións para a súa edición deste ano, os días 1 e 2 de abril, sumando un total de 20 confirmacións. O evento lucense ofrece unha variedade de estilos moi selecta na que prima sobre todo a calidade dos músicos apartándose de influencias comerciais e cun cartel internacional. Xunto a outros xa confirmados como Apartamentos Acapulco o festival ven de comunicar a suma de The Haunted Youth (Bélxica) e Le Boom (Irlanda) como representación máis internacional da edición, xunto con Pálida, La Paloma, Rayotaser, El Chico López, Juanita Dinamita, John Axiom e Don Gonzalo son o resto de confirmacións que se unirán a un cartel que desde a organización dan por pechado e do que senten moi orgullosos por achegar a este festival unha gran variedade musical e cultural durante dous días a prezos moi reducidos.

O Ourensound Fest (antigo Ourenrrock) ven de presentar un cartel para entre o 27 e o 29 de maio que inclúe como novidade ás tan desexadas Tanxugueiras. A oferta do festival ourensán está aínda por pechar pero esta nova confirmación ven unirse a outros nomes como Sés, Xoel López, Hard GZ, Dakidarría, os ourensáns Tandub, La Duendeneta, Rayden, Sexy Zebras, El canijo de Jerez e La Quinquillada. Xa está preparada a organización por días a falta de coñecer as actuiacións da xornada final, o domingo 29.

Desde Cuntis, o festival A Revolta do Umia trae unha proposta revolucionadora para a súa contorna con varios nomes relevantes da escena galega. O cartel para o 26 e 27 de agosto vai arestora encabezado polo dúo BALA e Terbutalina, incluíndo Grande Amore, Igloo e Kings of The Beach. Xunto a eles outros nomes como Lisdexia, Liska, Capital Voskov e Ann Trash.