Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Unha banda sonora para o Día da Clase Obreira Galega

ESTREASE A PEZA 'FERROL 1972' COA QUE JUAN DURáN REMEMORA A éPICA XORNADA

Unha banda sonora para o Día da Clase Obreira Galega

CLáSICA/LíRICA | febreiro 9, 2022

imaxe non dispoñible

A conmemoración do 50 aniversario da xornada de protestas obreiras no Ferrol que rematou coa morte de dous traballadores de Bazán, o 10 de marzo de 1972, terá este ano unha achega musical. O Auditorio de Ferrol acollerá o 12 de febreiro a estrea da peza musical 'Ferrol 1972' dedicada a aqueles feitos e composta para a ocasión polo músico vigués Juan Durán. A peza será interpretada polo quinteto de metais Hércules Brass acompañados por Gabriel López Rodríguez ao piano e Miguel Castro Pérez, Jorge Juan Deaño Núñez e María Isabel Diego Calviño na percusión. O compositor cedeu os dereitos desta obra de 10 minutos á asociación Fuco Buxan, da que partiu o encargo desta conmemoración musical e a propia asociación pona a obra a disposición da clase obreira e dos sindicatos de clase. 'Ferrol 1972' busca, segundo declaración de Juan Durán para o xornal Praza, "debuxar a banda sonora" dun momento importante na loita polos deritor dos traballadores e que deu lugar á celebración anual, cada 10 de marzo, do Día da Clase Obreira Galega.