Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Atlantic Fest quere volver en xullo ao formato orixinal

XA HAI DATAS PARA ESTE FESTIVAL, O 17° RIBEIRA SACRA E THE WILD FEST

Atlantic Fest quere volver en xullo ao formato orixinal

MISCELáNEA | xaneiro 24, 2022

imaxe non dispoñible

A expectativa dunha volta a condicións máis benignas para os eventos culturais anima xa os anuncios previos. Así a organización do Atlantic Fest de Vilagarcía amósase convencida de que este verán que ven poderá ofrecer o encontro co formato orixinal recuperado ao estilo pre-pandemia e pon xa datas. Será entre o 15 e o 17 de xullo cando a cita regrese á Praia da Concha, que ía celebrarse en 2020. Ademais o cartel comeza tamén a deseñarse incluíndo algúns nomes propios: Andrés Calamaro, Fangoria + Nancys Rubias, Los Planetas, Maria Arnal i Marcel Bagés, Rojuu, Los Hermanos Cubero, El Último Vecino, Depresión Sonora, Kora, Las Dianas e Rocío Saiz.

Outra cita que tamén acaba de poñe xa datas para a súa vindeira edición é o festival 17° Ribeira Sacra. O evento, que foi das poucas citas que se mantivo en calendario nestes dous veráns pasados, adianta za a confirmación da súa celebración do 29 ao 31 de xullo de 2022 . Tamén o evento The Wild Fest, que se celebra no Parque Forestal San Miguel de Oia, en Vigo acaba de dar a coñecer as datas para este verán. Ent5re o 8 e o 10 de xullo terá lugar cun cartel de música e actividades de natureza aínda por concretar.