Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A orquestra Vigo 430 conta con convidados internacionais na súa nova temporada
A orquestra Vigo 430 conta con convidados internacionais na súa nova temporada
xaneiro 21, 2022
A violinista e directora holandesa Rosanne Philippens abrirá este 28 de xaneiro a Tempada 2022 da Orquestra Vigo 430. A formación inicia un novo ciclo de cinco concertos que se prolongará ata o vindeiro mes de abril e que complementa o seu ciclo de outono. Canda a Philippens, que abordará a 3ª Sinfonía de Beethoven e mais o concerto para violín de Brahms, o programa inclúe a presenza doutras figuras internacionais.
O día 19 de febreiro o concerto será a quenda da sección de vento da Orquestra, que interpretará Música seleccionada orixinal para quinteto de metais, mentres o día 26 de marzo as violinista María Florea e Sindy Mohamed, residente este ano da formación, abordarán o Sexteto No2 op.36 de Brahms.
Para o 23 e o 24 de abril o programa prevé a interpretación para público familiar de As aventuras do Príncipe Achmed, que recolle a película orixinal de Lotte Reiniger (1926) con música do compositor viguéss Brais González, baixo dirección de Isabel Rubio. Esta Tempada finalizará o 27 de maio cun concerto da formación da orquestra especializada na música barroca, que nesta ocasión contará como solista coa intérprete de frauta de pico Lucie Horsch. Pezas para este instrumento de Bach, Vivaldi, Telemann e Sammartini comporán o repertorio nesta ocasión.
Tamén che pode interesar:
- 10/ 6/ 2024 | A Orquestra Sinfónica de Galicia fará unha xira por España
- 11/ 1/ 2016 | A Orquestra Sinfónica suspende a venda de abonos da Temporada Lírica
- 15/ 5/ 2015 | A Sinfónica de Galicia destaca a Mahler e Strauss na súa nova temporada
- 2/ 5/ 2008 | Víctor Pablo seguirá como director da Orquestra Sinfónica de Galicia
- 19/ 10/ 2007 | A Sinfónica de Galicia inaugura a temporada trala súa aplaudida xira por América