Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un ciclo amosa o traballo das bolseiras de música da Deputación a Coruña
Un ciclo amosa o traballo das bolseiras de música da Deputación a Coruña
xaneiro 3, 2022
Sons para un regreso é o título do ciclo de concertos que amosa estes días 6 e 7 de xaneiro o traballo das bolseiras de música da Deputación da Coruña. Na primeira das xornadas a cita achega ao teatro Colón o traballo da pianista Rosalía Gómez Lasheras, que desenvolve a súa carreira ao longo de escenarios de toda Europa, Oriente Medio ou Estados Unidos e da saxofonista Patricia Cadaveira, que combina o labor de compositora coa de instrumentista e docente e que botou a andar ademais o proxecto Marés Sonoras.
Na segunda sesión Ana Yáñez, dará un recital co seu trío de guitarras Tres Trastes, mentres Alma Sarasola achegará o seu traballo co Quinteto InVento. Ademais dos concertos, o ciclo inclúe faladoiros do xornalista Anxo Quintela con cada unha das protagonistas do evento para dar a coñecer o seu traballo.
As catro músicas son antigas beneficiarias das bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña, que organiza este encontro coa intención de dar a coñecer en Galicia carreiras que en moitas ocasións se desenvolve fóra do noso país.