Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Xunta patrocina o circuíto 'Música en Salas' con Clubtura

FINANCIARá MáIS DE CEN CONCERTOS NOS 37 ESPAZOS DA ASOCIACIóN

A Xunta patrocina o circuíto 'Música en Salas' con Clubtura

MISCELáNEA | outubro 1, 2021

imaxe non dispoñible

A falta de coñecer as condicións nas que se levará a acabo a actividade cultural en recintos pechados neste outono, onte fíxose público que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia asinará un convenio de colaboración coa Asociación de Salas de Música ao VivoClubtura para a posta en marcha dun novo circuíto co título de 'Música en Salas' con máis de 100 concertos ata decembro de 2021 nos espazos membros deste colectivo. O programa, que pasa a formar parte da carteleira cultural para o Xacobeo 21-22, conta cun orzamento de 200.000 euros, deles 140.000 resérvanse para os cachés artísticos e os 70.000 restantes destínanse a gastos de produción, protocolos de seguridade e demais conceptos de coordinación e xestión.

Con Música en Salas a Consellería de Cultura, Educación e Universidade busca outro xeito de incidir na dinamización dun sector que sufriu a práctica parálise durante a crise sanitaria, xa que o seu peche afectou tamén as formacións musicais, que teñen nestes locais un importante mercado de distribución, e mesmo a todas as empresas auxiliares que interveñen. Entre os requisitos que se prevén figuran que as actuacións sempre serán en directo, o caché por cada unha delas non poderá superar o importe de 2500 euros e cada sala participante programará un máximo de 10 concertos sen repetir artistas, xa que se busca a máxima variedade posible no conxunto do programa. Ademais, o importe total que poderá xustificar cada espazo non poderá exceder os 12.000 euros. As destinatarias desta nova liña de apoio son as salas membros de Clubtura, a única asociación galega que agrupa e representa os intereses deste tipo de locais, aos que a Xunta lle recoñece tamén deste xeito o seu relevante papel no desenvolvemento da industria musical en Galicia. Na actualidade, Clubtura aglutina 37 espazos nas catro provincias galegas, cifra que supón arredor dun 95% do sector.