Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un documental en liña recolle a historia do festival Cantos na Maré
Un documental en liña recolle a historia do festival Cantos na Maré
setembro 29, 2021
A evolución do festival Cantos na Maré desde a súa xestación en 2003 en Pontevedra ata a súa primeira edición compostelá. Este é o contido de Cantos na maré, 2003-2020, que se presentou o pasado 22 de setembro a coincidir coa última xeira do evento e que chega agora ás redes. O web da Secretaría Xeral de Política Lingüística recolle o audiovisual íntegro, que participou do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
O documental fai un percorrido pola historia do evento "por medio de entrevistas e actuacións de músicos chegados de Cabo Verde, Angola, Portugal, Brasil, Mozambique, Guinea Bissau...". Producido por Nordesía, Vítor Belho, Paco de Pin e Antonio Martínez, conta coa dirección artística de Uxía, a dirección musical de Paulo Borges e a dirección Cinemaré de Alfonso Pato. A última edición do festival celebrouse en Compostela entre o 23 e 26 de setembro.
Tamén che pode interesar:
- 21/ 9/ 2020 | Cantos na Maré trasládase a Santiago e estrea formato
- 16/ 12/ 2015 | Cantos na Maré volta con "forzas renovadas"
- 2/ 12/ 2013 | A poesía protagonizará o vindeiro Cantos na Maré
- 3/ 12/ 2012 | Cantos na Maré chega á súa décima edición
- 26/ 11/ 2008 | Cantos na maré chega á súa sexta edición