Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Paraíso Canto e Charanga Trébede gañan o certame Interritmos

FARáN UN CIRCUíTO DE TRES ACTUACIóNS QUE ESTARá COMPLEMENTADO CON CHARLAS SOBRE A MúSICA DE RAíZ

Paraíso Canto e Charanga Trébede gañan o certame Interritmos

FOLK | setembro 28, 2021

imaxe non dispoñible

A nova edición do certame 'Interitmos: Sons do Rural' rematou coa proclamación das bandas Paraíso canto e Charanga Trébede como gañadoras tras da audición levada a cabo esta fin de semana pasada no Naútico de San Vicente do Mar entre as seis formacións finalistas. O Concurso, organizado polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) coa Asociación de Desarrollo Local Deloa, está destinado a propostas musicais instrumentais ou vocais, de ata un máximo de 8 compoñentes, con traballos que versen tanto na recreación ou evolución de pezas tradicionais, como en pezas de nova creación que beban da música de raíz. Este certame busca promover a cultura como motor de desenvolvemento territorial, así como dar visibilidade e potenciar a profesionalización de grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.

Paraíso canto · Mens


Os grupos ganadores Paraíso Canto e Charanga Trébede, ademais da gravación dunha peza musical e un vídeo nos Estudios de Gravación Mans de A Coruña, realizarán un circuito musical en vivo, comezando o día 2 de outubro en Porto do Son, para despois pasar por Trascastro (O Incio) e polo conxunto etnográfico das bodegas centenarias de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón). As actuacións de Porto do Son e a Ribeira Sacra, estarán acompañadas da celebración de coloquios e charlas sobre distintos aspectos da evolución da industria cultural e a música tradicional. No Porto do Son terá lugar a charla 'Herdanzas e sons: cociña da festa', con Montse Riveira de Leilía, na aldea modelo de Trascastro (O Incio) será Susana Seivane, a que participará no coloquio 'Encaixes e co-protagonismo da música tradicional / de raíz nos espazos da festa', mentre que en Vilacha de Salvadur (A Pobra do Brollón), será Xabier Díaz quen falará sobre 'Novos camiños: transmisión dixital da música tradicional / de raíz'.

Charanga Trébede · Charanga Trébede - Xota De Parapar

Ligazóns