Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival da Luz volve ás 'Leiras'

ATA 22 ARTISTAS PASARAN ESTE ANO POR BOIMORTO NO EVENTO SOLIDARIO

O Festival da Luz volve ás 'Leiras'

MISCELáNEA | agosto 17, 2021

imaxe non dispoñible

O festival de Boimorto artellado arredor de Luz Casal ven de confirmar que este ano, malia a situación, volverá estar presente. Entre o 10 e o 12 de setembro cun formato de presencialidade e capacidade adaptado o Festival da Luz ofrece un cartel dentro da súa liña de estilos e artistas do máis variado, reunindo neste caso ata 22 propostas musicais nesas tres xornadas. O Festival da Luz–Xacobeo 21.22 volve con formato "leiras", que xa usou o pasado ano, que cambia as cadeiras por alpacas, e as mesas por palets. Este nome do formato, rende homenaxe á contorna natural de prados e campos que rodea ao recinto do Festival. Con estas pequenas parcelas os o público poderá gozar en parella, en familia ou con amigos das actuacións musicais en modalidade de 2, 5 ou ata 10 persoas xuntas.

O carácter solidario do evento destina este ano a recadación ás Fundación Andrea e a Cruz Vermella Galicia. Os que queiran colaborar tamén poderán adquirir a Leira Solidaria 0, cuxo importe destinarase ás mesmas causas. O recinto do Festival da Luz – Xacobeo 21.22 – ábrese ao completo e ademais da zona de Leiras, os asistentes poderán gozar das actividades, Zona Infantil, o Mercado Deputación da Coruña, o Gatroespacio Mahou e moitas sorpresas que prometen ofrecer tres xornadas cheas de lecer. O cartel de artista reúne moitas presenzas da escana galega e outras estatais: Nil Moliner, Monoulious Dop, Broken Peach, Irenegarry, Moura, Kings of the Beach, Superglú, Def con Dos Tenores, Obús, Soleá Morente, Alice Wonder, Rodrigo Cuevas, Di Brain, Los Jinetes del Trópico e Santiaguiños de Boimorto, Coque Malla, _ Juno, Sabela, Los Estanques, Verto, Jordana B e A Banda de Balbina.

Ligazóns