Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O TradFest volve levar a Santiago a variedade da música de raíz

ESTE SáBADO CELEBRARASE NO MARCO DO PECHE DAS FESTAS DO APóSTOLO

O TradFest volve levar a Santiago a variedade da música de raíz

FOLK | xullo 28, 2021

imaxe non dispoñible

Santiago de Compostela festexará o vindeiro sábado 31 a contemporaneidade da música galega de raíz cunha nova edición do TradFest, que inclúe 20 concertos, ruadas e unha feira de artesanía, entre outras actividades, coa participación de máis de 60 artistas galegos e internacionais. A nova edición volve a realizarse no parque e igrexa de San Domingos de Bonaval usando varios palcos polos que pasará un abano de artistas representando unha gran variedade de estilos e estéticas dentro da música tradicional: o Cuarteto Caramuxo, Marcos Coll , Caldo, Caamaño & Ameixeiras, Tobie Miller, Najla Shami, Mulleres de Gharghamala!, Xico de Carinho e Cuchús Pimentel, Grupo 1500, Os da Porfía, TOR, Mozart á galega, Antonio Prado e Miguel Vázquez. O evento pechará cunha foliada ao vivo na praza da Quintana que contará coa participación da Banda da Crechas e convidades de luxo: Felisa Segade, Os da Porfía, Marcos Coll, Caamaño & Ameixeiras, Sheila Patricia. Todas as actuacións son de balde pero é precisa a retirada previa de entradas.