Ti estás aquí > Inicio / / O Morriña Fest pon a Culleredo no mapa dos festivais
O Morriña Fest pon a Culleredo no mapa dos festivais
xuño 15, 2021
Culleredo terá un festival propio, que ven a engadirse á oferta de verán e que terá lugar xa este ano por vez primeira. Hoxe presentouse en rolda de prensa a que será a primeira edición do Morriña Festival, que terá este ano o formato de ciclo de concertos a celebrarse durante dez días na segunda quincena de agosto. O Xardín Botánico de O Burgo acollerá entre o 19 e o 29 de agosto as actuacións de artistas e grupos da escena hispana, comezando coa arxentina Nathy Peluso e incluíndo xa no avance do cartel nomes como os colombianos Morat, Amaral, La M.O.D.A., Lola Indigo, Chica Sobresalto e os galegos True Mountains. Os cataláns Love of Lesbian pecharán o festival.
Faltan aínda nomes por confirmar neste novo festival-ciclo que hoxe presentaron o alcalde da localidade, José Ramón Rioboo Castro, Juan Rodríguez Rivera, de Estrella Galicia en calidade de co-promotor de Morriña Festival e David Méndez, subdirector da promotora musical Bring The Noise, responsable de outrso festivais como Resurrection Fest, Son do Camiño ou Caudal fest, que levará a organización do evento. Segundo eles comunicaron, na procura dun achegamento á experiencia dos concertos e festivais como eran habituais antes da pandemia e dacordo coa normativa vixente máis recente, en todos os conciertos de Morriña Festival o público poderá estar en pé disfrutando das actuacións e o recinto dividirase en sectores, separando á xente en grupos máis pequenos independientes entre sí para aumentar a seguridade e manter as medidas. As entradas sairán á venda este xoves 17 ás 10 da mañá a través da web do festival.