Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A venda de entradas a concertos caeu en máis dun 62 por cento en 2020

O 'ANUARIO DE LA MúSICA EN VIVO 2021' DEVOLVE A GALICIA A DATOS DE FACTURACIóN DE 2013

A venda de entradas a concertos caeu en máis dun 62 por cento en 2020

MISCELáNEA | abril 21, 2021

imaxe non dispoñible

A facturación por venda de entradas de concertos caeu en Galicia nun 62,84% no 2020. O descenso no ano do confinamento está na liña da media estatal que se sitúa nun 63,80%, segundo os datos publicados no Anuario de la Música en Vivo 2021 da Asociación de Promotores Musicales, presentado esta mañá. A nivel estatal considérase o peor dato de facturación neta por este concepto dos últimos quince anos, pero en Galicia a cifra final, de 6.256.289 euros de facturación neta (16.834.234 euros en 2019), devolve á comunidade aos rexistros obtidos entre os anos 2013 e 2015 neste concepto concreto. Segundo os datos do anuario, Galicia sitúase no sétimo posto entre CCAA en canto a facturación por venda de entradas en 2020, nunha lista encabezada pola comunidade autónoma de Catalunya e á que seguen, por orde, Andalucía, a Comunidade Autónoma de Madrid, Comunidade Valenciana, País Vasco e Castela e León. O anuario tamén inclué testemuñas de músicos e profesionais do sector da escena galega.

Pontevedra mantén o peso
O Anuario reflicte para toda España unha caída do 87% en número de concertos, o que deixou un total de 11.851 concertos celebrados en 2020 en todo o territorio estatal. Nas catro provincias galegas a publicación da APM rexistra descensos desiguais na facturación neta en cada caso. As cifras de baixada son sempre grandes pero o peso porcentual que cada provincia tivo na suma total do Estado reflectiu diferenzas entre elas. Así nas dúas máis poboadas, mentres A Coruña sufriu un retroceso dun punto, pasando do 2,96% de 2019 ao 1,96% en 2020, a provincia de Pontevedra aumentou o seu peso estatal, pasando dun 1,23% ao 2,12%. Nas provincias interiores, Lugo tamén retrocedeu en algo máis da metade, pasando do 0,54% de peso estatal a un 0,22%; mentres, a provincia de Ourense apenas tivo cambio, deixando uns valores de 0,23%, similares so 0,21% rexistrado en 2019.

Segundo a lectura que fan desde a APM os datos recollidos nos primeiros meses de 2020 ata a declaración do Estado de Alarma facían prever un escenario en crecemento que poderían ter convertido o ano nunha marca histórica. Tanto a presentación como o propio anuario serven ao sector para reclamar un tratamento axeitado por parte das administracións acorde á cantidade de empresas e traballadores implicados na actividade musical profesional, así como par aposicionarse ante os anuncios da prohibición de levar a cabo ningún tipo de eventos que estes días foron obxecto de actualidade política e que, desde a APM sitúan nun contexto de "loita política eante as eleccións de Madrid". O sector reivindica os niveis de sguridade dos seus protocolos, amosados en 2020 que deberían er garantía nunha situación de mellora sanitaria como a previsible ante o aumento da situaciuón de vacianción, aseguraron na rolda de prensa.

Ligazóns
Relacionadas