Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xurxo Fernandes une as tradicións orais de Galicia e o Mediterraneo en 'Levaino!'

O MúSICO E INVESTIGADOR PRESENTA ESTE VENRES O SEU NOVO DISCO NO TEATRO ROSALíA

Xurxo Fernandes une as tradicións orais de Galicia e o Mediterraneo en 'Levaino!'

FOLK | abril 5, 2021

PortadaLevaino-XurxoFernandes.jpg

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá este vindeiro venres, 9 de abril, a presentación do disco Levaino! de Xurxo Fernandes con todos os asentos dispoñibles xa ocupados. O artista coruñés, coñecido coma etnógrafo e investigador da tradición popular musical oral por formar parte de Radio Cos xunto a Quique Peón, reúne neste traballo discográfico música de raíz tanto galega coma mediterránea oriental con base sefardí que xa trataba desde o seu alter-ego Jako el Muzikante. Por vez primeira na súa traxectoria reúne ambas liñas de recollida tradicional e interpretación. O álbum presenta doce temas recollidos polo propio artista en lugares tan dispares coma Coristanco, Samakov, A Mezquita, Pakistán, Tordoia, Larache, Tel Aviv, Marrocos, Bulgaria, Turquía ou Thesalónika. Con eles, Levaino! percorre unha ducia de paisaxes sonoras pouco coñecidas que explicitan e manifiestan os vencellos entre ambas culturas e tradicións orais. Fernández acompáñase na grabación pola dulzaina e ventos de Pedro Lamas, as percusións de Rubén Montes, Rafa Morales no baixo e Roberto Comesaña nos teclados, aos que se engaden as voces e pandeiretas do grupo Pandeireteiras sen Fronteiros (PanSenFron).

Con Levaino!, Xurxo Fernandes achega unha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva, na que os sons máis arcaicos dunha Galicia primitiva se misturan co exotismo oriental. Para o creador responde á propia natureza da tradición oral galega. "En Galicia temos un fondo vínculo, moi emocional, co mundo celta a través da gaita, pero a nosa tradición oral está desconectada do seu entorno natural. Contra o que semella, este non é norte, senón o Mediterráneo. Poder traballar con músicas de creación colectiva, enmarcadas nun mundo desaparecido de transmisión oral, ofrece a posibilidade de atoparse cunha esencia que a propia mecánica da tradición destilou", sinala Fernandes. O seu primeiro adianto do disco, co mesmo título xa se adiantou fai unha semana por medio dun videoclip, impactando tamén pola súa proposta visual.




datos do disco