Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xoán Curiel e Iris Gey musican cantigas medievais en Treides comigo!

O WEB DA SECRETARíA XERAL DE POLíTICA LINGüíSTICA RECOLLE O áLBUM COMPLETO EN LIñA

Xoán Curiel e Iris Gey musican cantigas medievais en Treides comigo!

MISCELáNEA | marzo 29, 2021

treidescomigo_xuriel_imaxe.jpg

"Unha revisión e unha abordaxe contemporánea" de cantigas medievais galegas vencelladas aos camiños de Santiago. Esta é a proposta que fan o músico Xoán Curiel e a filóloga e cantante Iris Gey no proxecto Treides comigo!, que acaban de presentar. Os once temas, que se desenvolveron co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, están dispoñibles íntegros no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais de letras do período medieval, o álbum recolle tamén unha versión musicada do poeta muxián Gonzalo López Abente.


O proxecto contou con colaboracións de Alex Salgueiro ás frautas e ocarina, Carlos Freire nas percusións, Bea López co clarinete, Bleuenn Le Friec na arpa celta e Ariel Ninas a Zanfona, ademais da voz de Rui David desde Portugal.

datos do disco