Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Agadic convoca axudas para programación musical en salas privadas

O DOG PUBLICA HOXE AS BASES DA CONVOCATORIA QUE SE INCLúE AO ABEIRO DA PROGRAMACIóN DO XACOBEO

Agadic convoca axudas para programación musical en salas privadas

MISCELáNEA | febreiro 1, 2021

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas dentro da programación do Xacobeo 2021. As axudas que se concederán nun réxime de concorrencia non competitiva contan cun orzamento total de 800.000 euros e mañá abrese o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro 1 de marzo. Non obstante a premura na presentación de solicitudes é case un requisito xa que, unha vez esgotado o crédito na contía máxima fixada nas bases, non se admitirán novas solicitudes aínda que a publicidade desta circunstancia se produza con posterioridade. Entre os requisitos a cumprir os proxectos financiados deberán incluír unha programación mínima de 15 concertos, cun 70 % mínimo de grupos galegos, e cun orzamento mínimo do proxecto de 20.000 euros e desenvolverse integramente en Galicia nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de outubro de 2021.