Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O 17° Ribeira Sacra Festival confirma datas da quinta edición e abre a venda de abonos

ESGOTADAS TODAS AS ENTRADAS PARA O RESURRECTION FEST EN XUñO

O 17° Ribeira Sacra Festival confirma datas da quinta edición e abre a venda de abonos

MISCELáNEA | xaneiro 5, 2021

imaxe non dispoñible

Un certo optimismo parece agromar para este 2021 entre os festivais de verán, que comezan xa a dar primeiros pasos en previsión dun contexto favorable á súa realización. Así o 17° Ribeira Sacra Festival ven de confirmar que este ano realizará a súa quinta edición, que ademais agarda festexar coa resolución da candidatura a Patrimonio da Humanidade. O festival ven de sacar á venda os abonos para este verán e confirmar datas, do 16 ao 18 de xullo. No 2020 este foi un dos poucos eventos que conseguiu saír adiante, aínda que con restricións de capacidade, grazas ás particularidades do seu formato. En cada un dos seus espazos (adegas, miradoiros, un catamarán con música en directo…) o festival ofrece a oportunidade de vivir a Ribeira Sacra dunha maneira diferente.

As previsións parecen ser boas tamén para o 15+1 Resurrection Fest Estrella Galicia, de Viveiro. O festival de rock, que xa confirmara o cartel e datas, ven de anunciar o esgotamento dos seus abonos para a vindeira edición. O feito de que as devolucións tras a súa cancelación non fosen moitas fai que sexa moi complicado, xa desde agora, atopar entradas de ningún tipo para o evento. O festival terá lugar entre o 2 e o 5 de xuño de 2021, un mes antes do que viña sendo habitual nesta cita.