Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O festival de jazz e blues de Ribadeo comeza esta semana a súa sexta edición

UNHA MOSTRA FOTOGRáFICA DE CRIS ANDINA E TRES CONCERTOS CONFORMAN O CARTEL

O festival de jazz e blues de Ribadeo comeza esta semana a súa sexta edición

JAZZ/BLUES | decembro 1, 2020

imaxe non dispoñible

Cunha exposición fotográfica de Cris Andina, profesional ribadense moi coñecida no mundo da música en vivo e os festivais, dará comezo este 4 de decembro o VI Festival de Jazz & Blues de Ribadeo que aínda que se fixo agardar finalmente terá lugar. A oficina de turismo da localidade lucense acolle esta exposición ata o día 19 de decembro. No auditorio municipal Hernán Naval terán lugar tres concertos os día 6, 8 e 12 de decembro. A banda bilbaína Travellin’ Brothers abre este ano o apartado musical ás 20 horas do domingo coa súa música americana de raíz. A presenza da escena musical galega correrá a cargo dos Sumrrá, o trío compostelán de jazz estará o martes 8 no auditorio de Ribadeo. O peche desta edición será o sábado 12 coa actuación de Zenet, que traerá o seu latin-jazz ao festival do norte galego.