O ourensán Daniel Minimalia faise cun Grammy Latino
novembro 20, 2020
O músico ourensán Daniel Minimalia conseguiu o triunfo nos XXI Premios Grammy Latinos. Na gala destes galardóns internacionais, que se celebrou na noite deste 19 de novembro en Miami, o seu álbum Terra revelouse como mellor traballo instrumental do ano. Minimalia, que xa optara a este premio en 2017, lanzou en abril deste 2020 o seu novo disco coa discográfica Larrosa, a afondar na súa exploración da world music e a incorporar aires de Sudamérica ás súas composicións. Como novidades no álbum, o músico integrou por vez primeira voz a algún dos seus temas ademais de contar con colaboracións musicais, xa que ata o momento era o propio Minimalia o responsable de todas as interpretacións dos seus traballos.
O ourensán competía nesta categoría con Leo Amuedo, Caetano Brasil, Compasses e Yamandu Costa con Marcelo Jiran. Estes premios estadounidenses recoñecen os mellores traballos musicais en español e portugués do ano.
Flor de leyenda, primeiro single de Terra
Tamén che pode interesar:
- 20/ 9/ 2023 | Sen Senra nomeado ao Grammy Latino polo videoclip "No Quiero Ser Un Cantante"
- 9/ 10/ 2017 | Daniel Minimalia opta a un Grammy Latino por Origen
- 24/ 1/ 2017 | As guitarras de Daniel Minimalia soan desde Origen
- 29/ 12/ 2015 | Emilio Rúa lanza Querida alegría
- 23/ 10/ 2014 | Daniel Minimalia volta con Arenas de luna