Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As novas medidas contra a pandemia estenden as restricións que lle afectan á cultura

AS RESTRICIóNS DE CAPACIDADE PROVOCAN ADIAMENTOS E DEVOLUCIóN DE ENTRADAS

As novas medidas contra a pandemia estenden as restricións que lle afectan á cultura

MISCELáNEA | novembro 5, 2020

imaxe non dispoñible

O endurecemento das medidas contra a Covid-19 e a súa ampliación a 60 concellos do país están a afectar a diferentes propostas culturais. A listaxe de medidas que entrarán en vigor na medianoite do vindeiro sábado 7 de novembro amplía o territorio no que a capacidade de actos, salas e auditorios queda restrinxida a un 50% cun límite máximo de 30 persoas. Este límite amplíase a 75 en propostas que se desenvolvan ao aire libre.

Para alén, a suspensión de actividades non esenciais afecta a "Actividades culturais e sociais", se ben hai unha ampla listaxe de excepcións que permite a realización de espectáculos cinematográficos, teatrais e musicais e apertura de salas de cinema, teatros, auditorios, bibliotecas, museos ou salas de conferencias nos territorios afectados. A duración prevista destas restricións, segundo adiantou onte a xunta, será dun mes.

No entanto, as novas restricións afectan a diferentes propostas culturais, en particular aquelas que se desenvolven no marco de bares e espazos de hostalaría, que deben fechar as súas portas nos sesenta concellos en confinamento perimetral. Deste xeito, en Vigo adiáronse para decembro os concertos previstos de McEnroe e El Kanka. Pola súa banda, a Instituto Municipal Coruña Espectáculos anunciou que devolverá o importe das entradas para as actividades previstas para o vindeiro mes. A entidade anunciou que se abrirá de novo a billeteira para estes eventos coa limitación máxima de trinta persoas que establecen as novas medidas.