Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Rómulo Sanjurjo dirixira a área de Cultura da Coruña

O MúSICO FUNDADOR DOS DIPLOMáTICOS TEN POR DIANTE ARTELLAR AS ACCIóNS PARA A REACTIVACIóN DA CULTURA MUNICIPAL

Rómulo Sanjurjo dirixira a área de Cultura da Coruña

MISCELáNEA | novembro 4, 2020

imaxe non dispoñible

O músico Rómulo Sanjurjo, membro fundador de Os Diplomáticos de Montealto é a persoa designada polo equipo de goberno do Concello da Coruña para dirixir a Área de Cultura. Así o avanza hoxe na súa sección local o xornal La Voz de Galicia citando fontes municipais. Sanjurjo é parte tamén do dúo Transportes Hernández &Sanjurjo e, segundo sinala o xornal, foi elixido polo seu coñecemento do sector cultural da Coruña, e pola súa experiencia nese mundo. A Sanjurjo tócalle agora facerse cargo dunha difícil situación co mundo da cultura reclamando accións de apoio por parte do consistorio local ante a desfeita provocada pola pandemia. O novo director chega cando están a pique de rematarse as actividades inicialmente previstas do Plan de reactivación económica, social e cultural da Coruña (PRESCO) e aínda non se coñece o seu futuro. Colectivos do sector cultural estiveron estes meses pasados organizándose para levar a cabo accións de reclamación ás administracións públicas. O peche de dúas salas da área coruñesa, Bâbâ Bar e Fórum Céltico actuaron de catalizadores para a unión colectiva no caso do sector musical, pero xa antes se creara a plataforma VAI Coruña para mellorar a vida cultural da cidade.