Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Underfest celébrase esta semana cunha campaña de apoio ás salas de concertos

O EVENTO ENTROU A FORMAR PARTE DA MARCA FEST GALICIA CREADA POLA XUNTA

O festival Underfest celébrase esta semana cunha campaña de apoio ás salas de concertos

MISCELáNEA | setembro 24, 2020

imaxe non dispoñible

O festival Underfest Son Estrella Galicia celebra do 25 ao 27 de setembro en Vigo a súa terceira edición. O Underfest 2020, da produtora viguesa Sweet Nocturna, chega cun formato reducido e con ocupacións limitadas pola normativa sanitaria, mais cunha carteleira baseada en propostas musicais para diferentes tipos de público. O festival arrancará o venres 25 no Teatro Afundación cun concerto de homenaxe a Ennio Morricone, con fragmentos de bandas sonoras interpretadas pola Orquestra Clásica de Vigo. A carteleira, encabezada polo grupo vasco Belako, complétase con outros grupos que ofrecerán os seus recitais en tres escenarios da cidade. Así, O sábado, o evento trasladarase ao Auditorio Municipal, onde actuarán Blanco Palamera, Rusowsky e Mori. O domingo 27 a cita será na terraza do Auditorio Mar de Vigo, con Belako, Tito Ramírez e Egosex.

O evento ven de incorporarse como novo evento membro de FEST Galicia, a marca promovida pola Xunta para prestarlles apoio aos festivais de música e impulsar a nosa Comunidade como destino musical. FEST Galicia agrupa na actualidade, as edicións adaptadas, presenciais ou en liña, de 13 eventos adheridos: Vive Nigrán, Sinsal, 17º Ribeira Sacra, SonRías, Revenidas, PortAmérica, Revenidas, Resurrection Fest, Festival de la Luz, Atlantic Fest, Caudal Fest, Maré e Underfest. O festival vigués impulsa ademais este ano unha campaña de apoio ás salas de concertos da cidade olívica a través da venda de camisetas, como xa se fixera previamente na Coruña coas camisetas de #ApoyaTuSala, agora o Underfest SON Estrella Galicia presenta as camisetas que co lema #supportyourlocalmusicdealer dedicarán todos os cartos da súa venta a apoiar aos espazos que ofrecen música en directo da cidade. Poden adquirirse na web de Entradas Ataquilla.com e en puntos físicos de venda.

Ligazóns