Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Colectivos galegos súmanse as protestas do sector cultural do Estado
Colectivos galegos súmanse as protestas do sector cultural do Estado
setembro 16, 2020
Coa Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo como núcleo principal, diferentes colectivos culturais e artistas do país están anunciar estes días o seu apoio ás protestas convocadas a nivel estatal para o este 17 de setembro. Alertarojaeventos / MUTE (Movilización Unida de Trabajadores del Espectáculo) son as plataformas que chaman a se mobilizar en cidades de todo o Estado para reclamarlle ao Goberno Central que considere prioritario este sector e que se recuperen as axendas culturais e de eventos das administracións públicas. Entidades como a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural ou Músicas ao Vivo anunciaron o seu apoio a estas mobilizacións. De xeito concreto, chámase a se manifestar, con vestimenta negra, en Compostela no obradoiro ás 20:30 horas e en Vigo na Rúa García Barbón.
Na mesma liña, a cantautora Silvia Penide realizará o vindeiro 18 de setembro un concerto "mudo" no que se lle poderá ver pero non escoitar, nun escaparate para protestar por esta situación. Segundo denuncia, as múltiples cancelacións que están a se vivir a nivel musical e artístico están a afectar e unha grande cantidade de profesionais do país que ven en perigo o seu xeito de vida.