Ti estás aquí > Inicio / / O ponteareán Eduardo Soutullo faise co premio Lawson-May de composición
O ponteareán Eduardo Soutullo faise co premio Lawson-May de composición
agosto 4, 2020
O prestixioso premio Lawson-May de composición ten un gañador galego na súa edición 2020. O músico ponteareán Eduardo Soutullo fíxose con este galardón ao resultar escolleita a súa obra Qebui entre as 524 partituras recibidas a concurso de todo o mundo. O xurado destacou do traballo de Soutullo "a cautivadora linguaxe harmónica, as texturas exquisitas e a escrita idiomática pero orixinal para os instrumentos". As bases do certame británico pedían obras para un grupo de cámara, ata un máximo de seis intérpretes, e cunha duración de entre 7 e 15 minutos. Soutullo recibirá o premio de 3.000 libras en metálico e verá a súa obra estreada na vindeira edición do Solent Music Festival.
Tamén che pode interesar:
- 16/ 2/ 2024 | Eduardo Soutullo gaña o XV Premio Gaos de composición
- 5/ 9/ 2023 | Eduardo Soutullo recibe o Premio Nacional de Música
- 8/ 10/ 2020 | A Real Filharmonía de Galicia comeza a temporada cunha estrea mundial
- 20/ 11/ 2019 | Eduardo Soutullo eríxese vencedor do Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA
- 4/ 12/ 2018 | Eduardo Soutullo recibe o segundo premio de composición musical da Universidade de Illinois