Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Haberá festival Noroeste de medida reducida e con homenaxes a Nonito Pereira e Jaime Manso
Haberá festival Noroeste de medida reducida e con homenaxes a Nonito Pereira e Jaime Manso
xullo 17, 2020
O Noroeste Pop Rock non pisará a praia este verán nin estará nalgunhas das praciñas e rúas onde xa era habitual atopar parte do seu programa. As medidas a tomar pola seguridade sanitaria mudarán bastante a trixésima cuarta edición do festival coruñés en canto aos emprazamentos dos concertos que este ano ao minguar tamén no número destes pasa a denominarse Noroeste XS. A falta dunha confirmación por parte do consistorio municipal a praza de María Pita e a explanada de Riazor están a ser sinaladas pola prensa coruñesa coma os sitios elixidos para celebrar os 44 concertos previstos entre o 4 e o 9 de agosto na cidade herculina. Estes dous escenarios servirán ademais para homenaxear a dúas figuras esenciais do dinamismo musical da cidade, falecidos o pasado ano 2019, Jaime Manso, dono de Discos Portobello e Nonito Pereira, que foi xustamente un dos creadores do festival no ano 1986. No referido ao cartel artístico tamén faltan as confirmacións oficiais pero a prensa local apunta xa o nome de Triángulo de Amor Bizarro entre outros. Coma xa é norma dos tempos os accesos estarán limitados e malia ser gratuítos, os concertos precisarán reserva previa de entrada.
A semana tamén trouxo novas de distinto calado no relativo a otros festivais. As malas viron da parte do SilFest de Vadeorras. A organización do evento fixo público nun comunicado que o evento non se celebrará este ano, quedando adiada para o 2021 a súa quinta edición. Esta “dificil decisión” tomouse tras barallar as posibilidades de recolocar o festival noutro momento do ano, coia prioridade da seguridade de traballadores e público ante todo. Finalmente o SilFest xa tn datas par ao ano 2021, entre os días 22 e 24 de xullo. A noticia boa trouxoa o Barbeira Season Fest de Baiona que xa anunciou a súa realización “contra todo prognóstico” o vindeiro 19 de setembro. O festival négase a desaparecer da axenda do verán e malia non ter aínda un emprazmento decidido na vila pontevedresa si que avanza xa para do seu cartel artístico e saca a venda as entradas, cunha capacidade para 500 persoas. Ortiga, Ginebras, La lalove you e Lisasinson son polo de agora os avances do seu cartel.