Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de Pardiñas muda o seu formato e pasa a ser un ciclo cultural

A ASOCIACIóN XERMOLOS ADIANTA COMO SERá A CELEBRACIóN DA XLI XEIRA DO EVENTO

O Festival de Pardiñas muda o seu formato e pasa a ser un ciclo cultural

FOLK | xullo 14, 2020

imaxe non dispoñible

Pendente aínda de anunciar programa, a Asociación Xermolos adiantaba onte nas súas redes sociais o novo formato co que o Festival de Pardiñas se adaptará á crise sanitaria. Segundo explica o colectivo, a XLI xeira deste evento vaise desenvolver "nun novo formato de acordo co seu título de Feira e Festa da Música e das Artes, tendo en conta as medidas de seguridade vixentes, convencidos da necesidade de manter viva a nosa cultura e música mesmo nos tempos máis arrriscados". Deste xeito, a actividade distribuirase ao longo das fins de semana do mes de agosto por diferentes espazos do Concello de Guitiriz, ao xeito dun ciclo cultural que abrangue música, audiovisual ou literatura.

A 27 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional abrirá o proxecto cunha edición no Campo da Feira de Parga o día 1 de agosto. A esta proposta seguirán "pequenos concertos de grupos próximos, presentaranse libros relacionados con artesáns, proxectaranse filmes coma María Solinha, Os Irmáns da Lexía, O trobador Martín de Padrozelos e realizaranse talleres de distintas actividades. A organización sinala que en vindeiras datas dará a coñecer o programa completo.

Tamén che pode interesar: