Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O dúo vigués Yugen Kala debuta con Nothing is original

UN TOTAL DE 14 DE TEMAS DE ELECTRóNICA AMOSAN O TRABALLO DO GRUPO ENTRE 2017 E 2019

O dúo vigués Yugen Kala debuta con Nothing is original

ELECTRóNICA | xullo 3, 2020

nothing_original_yungen_kala.jpg

Dous irmáns de dezaseis anos compoñen Yugen Kala, a nova proposta de música electrónica que chega desde Vigo. O seu álbum de debut Nothing is original amosa en catorce temas o talento do dúo, unha das tres propostas finalistas na categoría correspondente dos Premios Martín Códax da Música. A fusión de estilos que emprega o grupo, entre ambient, bass ou grime, achega composicións escuras e experimentais, que se foron creando entre 2017 e 2019 e que se remesturaron para achegar unha maior coherencia ao conxunto. Segundo explica a presentación, "nunha clara dialéctica entre máquina e humano, o disco é un torrente de emoción, que transporta constantemente recreacións de imaxes mentais do xeado e escuro ao íntimo e achegado".

O álbum, autoeditado, gravouse en The Church home Studio e foi masterizado nos estudios Radar, propiedade do pai dos compoñentes.

datos do disco