Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello de Vigo asina un convenio por sete concertos coa Orquestra Vigo 430

O GOBERNO LOCAL APOIA CON 125.000 EUROS A REALIZACIóN DAS ACTUACIóNS DA FORMACIóN ORQUESTRAL

O Concello de Vigo asina un convenio por sete concertos coa Orquestra Vigo 430

CLáSICA/LíRICA | xuño 15, 2020

imaxe non dispoñible

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta a aprobación por parte da Xunta de Goberno local da subvención mediante convenio á formación musical Orquestra Vigo 430 para o financiamento do seu programa de concertos da presente tempada. O Concello achega 125.000 euros á formación musical para ofrecer sete concertos en distintos puntos da cidade, tendo en conta as condicións actuais derivadas da crise sanitaria do coronavirus. A Orquestra Vigo 430 tivo que suspender a súa programación de temporada prevista durante o Estado de Alarma, sempre co obxectivo posto en retomar as actuacións canceladas como a interpretación de A Paixón segundo San Xoán de J.S.Bach, e manter os compromisos acordados con músicos e directores coma Lina Tur Bonet, Sindy Mohamed ou Isabel Rubio. Aínda non hai datas para estes concertos A Orquestra Vigo 430 nace no ano 2005, formada principalmente por músicos profesionais e completada con expoñentes da canteira musical que xera o Conservatorio Superior de Música de Vigo, favorecendo a súa integración no ámbito profesional. Tamén en materia cultural, o goberno vigués ratificou a subvención nominativa por 5.000 euros ao Teatro Ensalle para o desenvolvemento da programación anual da sala que leva o seu nome.

Ligazóns