Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Portamérica e Ourenrrock pasan de adiar a confirmar xa os seus carteis artísticos para 2021

A DEPUTACIóN DE PONTEVEDRA ASINA COS EVENTOS DE RíASBAIXASFESTS UN ACORDO BIANUAL QUE INCLúE MICROCONCERTOS ESTE VERáN

Portamérica e Ourenrrock pasan de adiar a confirmar xa os seus carteis artísticos para 2021

MISCELáNEA | maio 29, 2020

imaxe non dispoñible

Os festivais Portamérica de Caldas e Ourenrrock de Ourense presentaban hai ben pouco a cancelación e adiamento ao 2021 das súas respectivas celebracións en 2020 e carteis. Agora ambas citas veñen de confirmar a prevista continuidade do elenco artístico previsto neste ano para o seguinte, co cal a natureza de adiamento da mesma oferta con novas datas confírmase a tódolos efectos. Ademais os dous aseguran que ao "line-up" deste ano engadiránselle máis propostas artísticas de alto nivel, buscando o mantemento dos abonos xa mercados, en troques da súa devolución. O Ourenrrock xa anunciou que mantén para 2021 o cartel completo e coa mesma distribución por días, que serán entre o 27 e o 29 de maio. Xa entre o 1 e o 3 de xullo de 2021 Portamérica ten prevista a celebración do que será o seu décimo aniversario para o que xa teñen prácticamente confirmados todos os artistas e chefs do seu Showrockin que estaba programados para a edición 2020, o cartel xa ten esas 36 propostas musicais aseguradas.

Mentres os festivais van traballando nestas fórmulas de supervivencia desde o Goberno central o ministro Uribes ven de admitir hoxe mesmo en sede parlamentar que será preciso mellorar os criterios e posibilidades de cara a celebración de festivais de verán (non do modelo macrofestivais) no plan de “desescalada”, e tras do avance dun ambicioso programa bianual de apoio aos espectáculos musicais da marca RíasBaixas Fests por parte da Deputación de Pontevedra destinado a dar unha resposta rigorosa ás consecuencias derivadas da crisis sanitaria xerada pola COVID-19 no ámbito dos espectáculos musicais en directo.

Así, o ente provincial establecerá con cada un dos festivais contratos bianuais vinculados á celebración do evento no próximo ano 2021, pero co engadido dunha serie de fitos promocionais xa neste 2020, tanto do festival como do destino Pontevedra provincia, que consistirían na realización de eventos en pequeno formato. A Deputación propón a realización este verán de concertos nas redes sociais, cun grupo de sona nacional ou internacional; tamén, microconcertos nos meses de setembro e outubro en espazos provinciais con capacidade reducida para manter o vínculo coas persoas visitantes; e finalmente, en decembro, a organización dun sorteo de entradas para os concertos de cada festival do próximo ano 2021. Deste xeito, manteríanse os contratos de patrocinio para o período 2020-2021 e, en paralelo, se traballaría no Plan de turismo de festivais, baixo as pautas da sustentabilidade, a mellora continua e a optimización deste produto cultural para a promoción turística como obxectivo irrenunciable.