Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Resurrection Fest resiste nunha edición especial en liña con fins benéficos
O Resurrection Fest resiste nunha edición especial en liña con fins benéficos
maio 18, 2020
Apenas 48 horas despois de facer o anuncio do seu adiamento definitivo a 2021 o Resurrection Fest ven de anunciar unha edición de "resistencia" en liña para non deixar de celebrar este ano o seu 15 aniversario. Así, durante os días 3 e 4 de xullo (coincidindo cos que sería o festival) a organización levará a cabo o evento Resurrection Fest Estrella Galicia Online, un programa virtual con fins benéficos que incluirá programación en aberto de concertos inéditos, actuacións en directo, entrevistas especiais, reportaxes sobre o festival outros contidos que buscan levar á xente a vivir desde as súas casas ou onde estean, a experiencia Resurrection Fest de Viveiro. Durante estes dous días de evento en liña desde o "Resu" poñen toda esta loxística e organización ao servicio de boas causas e pediranse achegas solidarias voluntarias a varias iniciativas contra o coronavirus e a colectivos necesitados nestes momentos. Bandas nacionais e internacionais xa confirmaron a súa participación ao igual que o principal patrocinador Estrella Galicia. A actividade irá definíndose nas videiras semanas en canto a contidos e irá acompañada dun cancelo que reivindica a resistencia deste evento que é moito máis ca un festival, #elresuEGresiste.
Tamén che pode interesar:
- 25/ 11/ 2021 | O Resurrection Fest completa o seu cartel e pon á venda as entradas de 2022
- 15/ 5/ 2020 | O Son do Camiño, Portamérica e Resurrection Fest aprázanse para 2021
- 23/ 9/ 2019 | System of A Down, Judas Priest e Korn abren o cartel do vindeiro Resurrection Fest
- 4/ 10/ 2018 | Festivais como o Resurrection, SonRías Baixas o PortAmérica compiten nos Premios Fest
- 26/ 10/ 2017 | Resurrection Fest e Portamérica conseguen o recoñecemento dos Premios Fest