Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Tanxugueiras inician a segunda semana dos Tanxuvermús

O GRUPO DESENVOLVE ENCONTROS VIRTUAIS CON PERSOAS DA CULTURA E DA MúSICA DURANTE O CONFINAMENTO

Tanxugueiras inician a segunda semana dos Tanxuvermús

MISCELáNEA | abril 7, 2020

imaxe non dispoñible

Desde o pasado 28 de marzo e con previsión ata o 12 de abril, o grupo Tanxugueiras está a celebrar os Tanxuvermús. Cada día ás 13 horas o trío de música tradicional reúnese a través das redes con un persoeiro da cultura e da música e desenvolve un diálogo distendido e aberto ao público. Logo de ter pasado por esta cita nomes tan variados como Gayoso, Monoulious Dop, Carlos Blanco ou Verto, este 6 de abril Rodrigo Cuevas abría a segunda semana da iniciativa. Sabela Ramil, Teresa Cuíñas, Xosé A. Touriñán, os youtubers O Aquele e Olaxonmario, Pilar García Negro e Guadi Galego participarán nas vindeira xeiras da iniciativa, que se pode seguir pola canle de Youtube de Tanxugueiras.

Os vídeos dos Tanxuvermús