Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Falece o investigador e crítico musical coruñés Julio Andrade Malde

O PASAMENTO PRODUCíASE NA MADRUGADA DO SáBADO AOS 80 ANOS DE IDADE

Falece o investigador e crítico musical coruñés Julio Andrade Malde

CLáSICA/LíRICA | marzo 30, 2020

imaxe non dispoñible

Decano da crítica musical galega e destacado investigador, a madrugada deste sábado falecía Julio Andrade Malde aos oitenta anos de idade e afectado pola COVID-19. Andrade foi pioneiro na publicación de críticas musicais no noso país e colaborou con publicacións de renome como Scherzo ou Ritmo ademais de diferentes xornais. Desenvolveu tamén traballos como Andrés Gaos, el gallego errante ou La Banda Municipal de A Coruña y la vida musical de la ciudad. Como compositor, adaptou poemas de Xosé Díaz Xácome, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez e realizou unha harmonización e orquestración do Himno Galego de Pascual Veiga.