Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sabela e António Zambujo cantan os temas gañadores do aRi(t)mar 2020

RECIBIRáN OS SEUS GALARDóNS NUNHA GALA PREVISTA PARA O VINDEIRO OUTONO

Sabela e António Zambujo cantan os temas gañadores do aRi(t)mar 2020

MISCELáNEA | marzo 20, 2020

imaxe non dispoñible

Logo de case 5.000 votos emitidos por Internet, o certame aRi[t]mar Galiza e Portugal, que promove a Escola Oficial de Idiomas de Compostela, ten xa gañadores na súa categoría de música. Despedida de Sabela e Catavento da Sé de António Zambujo, foron os temas escolleitos entre os finalistas. Os gañadores recibirán os seus premios nunha gala que está prevista para o vindeiro outono. Entre as propostas finalistas galegas, a segunda máis votada foi a Balada de verán de Guadi Galego e mais Fisterra de Baiuca. Pola banda portuguesa, resultaron finalistas Miguel Araújo por Talvez se Eu Dançasse e mais Isaura por Uma Frase Não Faz a Canção.