Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Canido Rock servirá de homenaxe ao desaparecido cantante Toñito Pedreira

VARIAS BANDAS SúMANSE á INICIATIVA E O SEU GRUPO RIFF/RAFF CONTARA CON CINCO VOCALISTAS

O Canido Rock servirá de homenaxe ao desaparecido cantante Toñito Pedreira

ROCK | marzo 11, 2020

imaxe non dispoñible

A Asociación Veciñal do barrio de Canido en Ferrol á impulsora do festival Canido Rock que este ano servirá coma homenaxe a un dos seus veciños tristemente desaparecido un ano atrás: Toñito Pedreira, cantante da banda Riff/Raff. O Concello de Ferrol e os integrantes da banda-tributo a AC/DC organizan na Praza da Auga o vindeiro día 2 de maio, no marco da festa dos Maios, a celebración deste evento aberto no que tomarán parte ata cinco grupos de rock do país en memoria do carismático intérprete que faleceu inesperadamente o pasado ano. Herdeiros da Crus encabeza o cartel desta homenaxe, que tamén conta coas actuacións dos grupos Fara Ways Place, La banda del camión, McKuin e os propios Riff/Raff, que para a ocasión contarán con ata cinco vocalistas, tres homes e dous mulleres, que ocuparan circunstancialmente o micro que deixou orfo a repentina e prematura desaparición de Toñito Pedreira o pasado 8 de maio de 2019 e que a banda ademáis busca cubrir para proseguir coa súa actividade musical.