Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / David Regueiro Trío afonda no jazz Manouche con Areal

O NOVO áLBUM ACHEGA NOVE TEMAS DE COMPOSICIóN PROPIA

David Regueiro Trío afonda no jazz Manouche con Areal

JAZZ/BLUES | marzo 9, 2020

areal_david_regueiro_trio.jpg

O guitarrista e compositor David Regueiro continúa o seu traballo no ronsel de Django Reinhardt. Desta volta, en formato trío, presenta Areal, un LP no que o o jazz manouche, con influencias de swing americano e be-bop, impregna nove temas de composición propia. Acompañado de Iago Reigosa á guitarra e de Juyma Stévez ao baixo, a formación incorpora colaboracións de Sarunas Pupelis ao clarinete en dous temas e de Ismael Cabaleiro ao violín noutro máis. O proxecto, autoeditado e gravado polo propio Regueiro está a iniciar este mes de marzo a súa xira de presentación. O Garufa Club da Coruña acollerá o vindeiro día 15 a presentación do álbum, e o tour continuará por Vigo (20 de marzo), Compostela (2 de abril), Zaragoza (9 de abril), Barcelona (10 de abril) e Bueu (14 de maio).

datos do disco
Ligazóns