Superfuzz estrea disco homónimo hoxe no Garufa Club
xaneiro 10, 2020
A sala coruñesa Garufa Club acolle hoxe unha das primeiras presentacións discográficas do ano, coa banda local Superfuzz como protagonista. A banda saca o seu primeiro disco autoeditado co mesmo nome do grupo e 11 temas propios, cantados en castelán. Rock con influxos dos anos setenta, de guitarra contundente en riffs e efluvios británicos, algo mods no rítmico e beat no uso de coros, moi habituais noutras bandas coruñesas tradicionalmente. Letras ben resoltas sobre melodías traballadas con detalle e remates elegantes que achegan un grao de familiaridade co son. O disco foi gravado e mesturado por Jose Puga e Pachi Baldome nos estudios Nakra da Coruña e a masterización levouse a cabo por Robin Schmidt nos estudios 24-96 Mastering de Karlsruhe. Superfuzz é unha formación clásica de trío de rock conformada por Javier Insua (voz e guitarras), Andrés Saavedra (baixo e coros) e Juan Folla (bateria, percusiónes e coros). Ao concerto desta noite ás 22:30 no Garufa Club seguirán outros, o vindeiro dos cales será o día 24 de xaneiro en Lugo na JagerLounge.
Tamén che pode interesar:
- 21/ 5/ 2019 | Músicos e artistas reúnense para apoiar unha nova edición dun concerto en apoio de Jorge Cabezas
- 24/ 5/ 2016 | Garufa Blue Devils Big Band debuta con Barrel House
- 28/ 2/ 2014 | Carlos Childe abre o seu estilo en More nights than days
- 3/ 2/ 2010 | Sumrrá xa está a mover o seu cuarto disco polos escenarios
- 13/ 8/ 2008 | Los Mecánicos gravan o seu primeiro disco cunha actuación en directo