Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Fanzine fest presenta un programa de música e actividades para achegar a cultura underground

O FESTIVAL CELEBRARá A QUINTA EDICIóN NA CORUñA ENTRE O 5 E O 7 DE DECEMBRO

Fanzine fest presenta un programa de música e actividades para achegar a cultura underground

ELECTRóNICA | novembro 19, 2019

imaxe non dispoñible

O festival de música electrónica de vangarda Fanzine Fest ven de dar a coñecer novas sorpresas da súa quinta edición, que se celebrará do 5 ao 7 de decembro n’A Coruña. A organización presentou esta mañá a programación multidisciplinar de actividades paralelas que expandirán o evento máis alá das súas sesións musicais, co obxectivo de achegar a música electrónica, cultura underground e tecnoloxía aberta a todos os públicos. Demostracións en directo, sesións formativas, talleres infantís ou de construción de sintetizadores son algunhas das iniciativas que se poderán gozar en aberto durante a celebración de Fanzine Fest, nunha fin de semana na que se darán cita na cidade herculina artistas internacionais da escena vangardista como The Horrorist, Levon Vincent, Lena Andersson (Eomac & Kyoka), Galaxian ou Dorian Concept, entre outros. Fanzine Fest é unha iniciativa promovida por Fanzine Project que aposta por ofrecer unha visión heteroxénea e actual da vangarda audiovisual, na que converxen estilos variados e singulares. Nesta quinta edición, o festival destaca, ademais de polo seu cartel e pola multiplicidade dos escenarios, pola consolidación do seu formato expandido a través de actividades formativas e obradoiros que terán lugar os días 6 e 7 de decembro en dúas localizacións vencelladas á creación contemporánea, como son a Fundación Luis Seoane e o espazo Maker do museo científico Domus.

O venres 6, Fanzine Fest propón unha xornada de portas abertas na Fundación Luis Seoane, con sesións musicais e formativas, ademais dunha feira de discos. O centro de arte contemporánea acollerá tres espazos diferenciados en función do tipo de actividades e de públicos. Así, o espazo SONS, que estará aberto de 12.00 a 03.00 horas, alternará DJ e live sets dun cartel encabezado polo británico Galaxian, y en el que también estarán presentes Amulador, Bosidilong, Kushan Khan Nomind, Lefrenk, Viktor Flores, Pervert, The Panic Room e o dúo RAM, gañador da I Convocatoria de Música Electrónica promovida por Fanzine Project. O sábado 7, o Teatro Colón acollerá xa de mañá a proposta inmersiva que ofrecerán tanto o teclista e produtor Dorian Concept como o dúo multi-instrumental Galgo. En horario nocturno, a Sala O Túnel do Coliseum acollerá a sesión sonora do DJ e produtor neoiorkino Levon Vincent, o directo de Lena Andersson e de The Horrorist. A estes nomes hai que unir os de artistas como Alienata, Fasenuova, Lagoon, Roi, Sergi Palau e VJ Caskbel.

Ligazóns