Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Voadora e a RFG estrean A amnesia de Clío

A óPERA CONTEMPORáNEA PODERá VERSE EN COMPOSTELA, A CORUñA E OURENSE

Voadora e a RFG estrean A amnesia de Clío

CLáSICA/LíRICA | outubro 30, 2019

imaxe non dispoñible

O Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acolle o vindeiro 10 de novembro a estrea de A amnesia de Clío. A compañía Voadora, a Real Filharmonía de Galicia e mais o Orfeón Terra a Nosa levan a escena esta ópera contemporánea de Fernando Buíde, que se desenvolveu en coprodución co Centro Dramático Galego.

A primeira ópera de Voadora conta con libreto de Fernando Epelde e ten no reparto a Raquel Lojendio no papel de Clío, a Sebastiá Peris como George e a Marina Pardo como Mannon/Merkel, ademais do traballo de Rut Balbís nas coreografías. A montaxe presenta unha serie de políticos para "ofrecer unha ollada inesperada sobre a perspectiva patriarcal e as forzas e personalidades que converten os pasos en pegadas e as frases en citas".

Logo da estrea, a obra poderá verse o vindeiro 12 de novembro no Teatro Colón, e o día 14 no Auditorio Municipal de Ourense en versión concerto. As entradas están xa dispoñibles.