Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Museo do Mar dálle voz ao talento musical olívico no festival Vigo Emerxe
O Museo do Mar dálle voz ao talento musical olívico no festival Vigo Emerxe
setembro 16, 2019
A tomar o relevo do ciclo Solpores no Museo, a Consellaría de Cultura presentaba o pasado venres Vigo Emerxe, un concerto colectivo dedicado á música viguesa. O Museo do Mar acollerá esta proposta na que se alternarán en dous escenarios as actuacións de propostas actuais da cidade como son The Soul Jacket, Maryland, Basanta, BFlecha, r.e.a.l., Kaixo, Laura Iturralde, Juanma Lodo, BabyKatze e Santi Araújo cos históricos Pablo Novoa e Nicolás Pastoriza. O encontro, que se desenvolverá o vindeiro 28 de setembro comezará ás seis da tarde e prolongarase ata a unha da madrugada, con entrada de balde ata completar aforo.
Segundo o conselleiro de Cultura Román Rodríguez, esta iniciativa, que transformará o Museo do Mar nun recinto de concertos, pretende "dar a coñecer aínda máis aos artistas e grupos locais" e a "recuperar a esencia da movida viguesa".