Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O BIME Pro de Bilbao abre unha convocatoria para músicos galegos

DúAS FORMACIóNS OU ARTISTAS PODERáN PARTICIPAR NO ESCAPARATE DO ENCONTRO PROFESIONAL DA INDUSTRIA MUSICAL

O BIME Pro de Bilbao abre unha convocatoria para músicos galegos

MISCELáNEA | agosto 2, 2019

imaxe non dispoñible

O BIME Pro, o maior encontro profesional da industria musical de España ven de abrir unha convocatoria dirixida a artistas ou bandas galegas. Graza a un acordo de colaboración entre a Axencia galega de Industrias Culturais (Agadic) e a organización do evento dúas formacións do país poderán actuar nos “escaparates musicais” que teñen lugar durante os días de celebración da feira, entre o 30 de outubro e o 1 de novembro en Bilbao. Ata o día 18 de agosto está aberta a inscrición a través da web do BIME, cuxa organización será tamén quen elixa finalmente que dúas propostas de entre as presentadas terán espazo para presentar o seu traballo ante os programadores de festivais, managers, xornalistas e outros xgentes do sector musical nacionais e internacionais que cada ano se dan cita neste foro. Os concertos terán lugar nas noites do 30 ou 31 de outubro nalgunha das 7 salas da cidade participantes en BIME CITY. Cada ano o BIME Pro reúne máis de 2.000 asistentes de máis de 1.000 empresas do sector da música.