Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cinco salas de Vigo, Coruña e O Porriño levan as axudas de AGADIC para artes escénicas

O SEGUNDO SEMESTRE DA REDE GALEGA DE MúSICA AO VIVO OFRECE 199 CONCERTOS

Cinco salas de Vigo, Coruña e O Porriño levan as axudas de AGADIC para artes escénicas

MISCELáNEA | xuño 21, 2019

imaxe non dispoñible

Cinco salas privadas de artes escénicas recibirán este ano as axudas convocadas pola Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) para apoiar tanto os gastos de funcionamento como os investimentos en programación de artes escénicas neste tipo de axentes. Os 150.000 euros que a Axencia dedica este ano para este fin, se repartirán entre dúas salas de Vigo, dúas da Coruña e unha de O Porriño. As dúas salas viguesas, Teatro Ensalle e Sala Ártika, zonas que maior achega reciben deste programa, 46.214 euros e 43.803 euros respectivamente. As salas coruñesas Teatro del Andamio e Sala Gurugú, son pola contra as que menos contía solicitaron e reciben, 17.746 e 14.560 euros respectivamente. A Sala Ingrávida do Porriño pola súa banda recibe algo máis de 27.000 euros. En todos os casos estas contías divídense a partes iguais segundo os fins de gastos de funcionamento ou investimento na programación.

A Axencia Galega de Industrias Culturais tamén anunciou que o circuíto da Rede Galega de Música ao Vivo, promovido polo organismo da Xunta en colaboración con 20 salas de 14 localidades, ofrecerá neste semestre unha oferta de 199 concertos de 54 solistas e grupos, maioritariamente galegos. A programación, que arrancou a mediados deste mes de xuño e se estenderá ata decembro, conta cun orzamento de máis de 170.000 euros, dos que un 90% é asumido pola AGADIC mentres que o 10% restante corre a cargo dos locais asociados. n concreto, a programación de 2019 da Rede Galega de Música ao Vivo desprégase en vinte salas s, que suman unha capacidade total para máis de 3.000 persoas: BâBâ Bar, Café-Concerto Jazz Filloa e Sala Garufa Club na Coruña, A Pousada das Ánimas en Boiro, SalaSon en Cangas, Sala Super8 en Ferrol, A Ventana en Laxe, Club Clavicémbalo en Lugo, A Fundación e Pub Gatos en Melide, Var con Uve en Moaña, Sala Baranda no Barco de Valdeorras, Náutico no Grove, Borriquita de Belém, Casa das Crechas e Moon Music Club en Santiago de Compostela, La Fábrica de Chocolate Club e La Pecera en Vigo, Sala Bianco Sama en Vilagarcía de Arousa e Arca da Noe en Vilar de Santos. Desta volta, a programación concédelle todo o protagonismo ás bandas e intérpretes galegos, que ocupan a carteleira xunto a Anarchicks, trío feminino portugués de punk-rock.