Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Marco Foxo recupera romances medievais para os nosos tempos no seu cuarto traballo

ROMANCES NOVOS E VELLOS CONTA CON COLABORACIóNS DE VINTE MúSICOS

Marco Foxo recupera romances medievais para os nosos tempos no seu cuarto traballo

FOLK | xuño 12, 2019

romances_novos_vellos_marco_foxo.jpg

Marco Foxo acompañouse dunha vintena de músicos para gravar o seu cuarto traballo. Romances novos e vellos chega ás tendas a recoller romances medievais recollidos por Xosé Lois Foxo nas montañas ourensás, por Valdeorras, Riós, O Bolo ou o Courel. O armenio Emmanuel Hovhannisyan, os iranianos Tina Jamegarmi, Mohsen Sharifian e Habibb Meftah ou os galegos Daniel García, Óscar Ibañez, Emilio Rúa, Lucia Perez e Xabier Biscaíño fan parte deste proxecto, que inclúe temas como o Romance de Dona Ildara, Adelina, o Romance de Martín García ou Rogelio e a moza deshonrada. Canda a estes, o álbum presenta temas popularizados pola orquesta Os Padernes, como o Bicarelo do Bico do Brelo, con letra de Uxío Novoneyra. O músico apunta que a obra pretende achegar "sosego" aos oíntes actuais con estas composicións que se cantaban ao pé das lareiras.

datos do disco