Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Millo Verde de Redondela amplíase a unha semana e comeza este domingo

O SILFEST DE VALDEORRAS PECHA CARTEL E FAI FESTA DE PRESENTACIóN DA SúA CUARTA EDICIóN

O festival Millo Verde de Redondela amplíase a unha semana e comeza este domingo

MISCELáNEA | maio 31, 2019

imaxe non dispoñible

O Festival Alternativo Millo Verde, organizado pola Asociación Millo Verde chegará este ano á súa décima terceira edición, celebrándose entre os días 2 ao 8 de xuño, de domingo a domingo, na Praia de Cesantes en Redondela. O festival aumenta asñia a súa duración a unha semana enteira na que, ata o xoves, terán lugar diversas actividades culturais como proxeccións de películas e curtametraxes, acompañados por funcións musicais e djs.. Serás o xoves cando comecen co formato máis habitual de concertos coa participación dos grupos Andoa, Mad Martin Trío e Sete Cuncas. No cartel previsto están tamén bandas estranxeiras como os irlandeses SEN A DEIR SE, os ingleses con raíces africanas KOG & THE ZONGO BRIGADE. Como todos os anos, o obxectivo da Asociación Millo Verde é converter este evento gratuíto nun microcosmos de encontro lúdico para persoas de todas as idades co fin de crear unha plataforma onde os novos creadores poidan mostrar a súa arte, onde se potencie a música galega mesturada con músicas internacionais e que funcione todo como unha xanela pola que os redondeláns póidanse asomar fóra e os foráneos poidan gozar dos atractivos turísticos, ambientais e culturais da comarca de Redondela.

Por outra banda o vindeiro día 8, mentres remata o Millo Verde, terá lugar a festa de presentación do festival SIlFest do Barco de Valdeorras que este ano celebra unha nova edición entre os días 4 e 6 de xullo. O evento que se celebra na Praia fluvial á beira do Sil pechou esta semana o seu cartel artístico. Andhrea & the Black Cats é a última das incorporación para esta cuarta edición do festival, uníndose así a outros 14 nomes de grupos musicais e varios Dj’s. Outras banda galegas como Igloo ou Kings of the beach, por exemplo, tamén estarán na cita do Barco. O cartel aparece encabezado por propostas do pop indie nacionais como Second e Shinova. Ademais o festival inclúe varias actividades relativas á enogatronomía e contará cun Showcookin ao que asistirá o cociñeiro Kike Piñeiro, do restaurante santiagués A Horta do Obradoiro.