Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Aumentan as axudas a distribución exterior de artes escénicas e musicais

AGADIC PUBLICA HOXE AS BASES DA CONVOCATORIA NO DOG

Aumentan as axudas a distribución exterior de artes escénicas e musicais

MISCELáNEA | maio 29, 2019

imaxe non dispoñible

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da convocatoria de axudas da Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC) para distribución e comercialización de produtos culturais tanto a nivel galego como externo. As axudas, dirixidas a empresas e profesionais, tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva, por esgotamento do crédito que conta cun importe máximo para o financiamento de 460.000 euros, que se repartirán a partes iguais entre as modalidades de artes escénicas e música. Este orzamento supón un aumento xeral de 10.000 euros respecto ao pasado ano, pero a parte dedicada á distribución no mercado interior redúcese dos 100.000 euros do 2018 a 80.000 euros este ano. As axudas divídense en varias modalidades, catro para as artes escénicas e tres para a música, en función do destino que se lles queira dar. Así se contemplan axudas para a distribución comercial de espectáculos fóra de Galicia, e no caso das artes escénicas tamén no mercado interior; as axudas tamén contemplan apoiar as actuacións en feiras e festivais e os gastos de asistencia a os foros profesionais de promoción. A contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria no conxunto das distintas modalidades da convocatoria será de 25.000 euros. O prazo para a presentación das solicitudes comeza mañá, 30 de maio e estará vixente ata o 31 de xullo de 2019.