Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Grandes figuras da clásica para a XLVII Semana de Música do Corpus

DO VENRES 24 DE MAIO AO 8 DE XUñO A CIDADE ACOLLE UN DOS FESTIVAIS DE MúSICA MáIS ANTIGOS DE GALICIA

Grandes figuras da clásica para a XLVII Semana de Música do Corpus

CLáSICA/LíRICA | maio 21, 2019

imaxe non dispoñible

Corenta e sete anos de historia avalan ao decano dos festivais galegos de música clásica, tradicionalmente coñecido como Semana de Música do Corpus, que anualmente cita en Lugo a algunhas das grandes figuras do panorama musical internacional. Nesta edición contará con grandes figuras da música americana, europea e estatal, con 9 concertos que configuran un heteroxéneo programa, baseado na calidade e a variedade. Este ano pasarán por Lugo intérpretes como a pianista venezolana Gabriela Montero, gañadora dun Grammy polo mellor álbum de música clásica e candidata en varias ocasións; o chelista e director Nicolas Altstaedt dirixindo a Real Filharmónia de Galicia; o tamén director Paolo Bortollameoli e a chelista Anastasia Kobekina coa Orquesta Vigo 430; a violinista Lina Tur Bonet co seu grupo Musica Alchemica que comparte con Valerio Losito e Mauro Valli; o grupo Forma Antiqva, formación que, xunto á soprano Eugenia Boix presentarán un espectáculo que xirará ao redor da primixenia ópera barroca italiana; o grupo canario El Afecto Ilustrado; a formación Las Arpas Sonorosas; o dúo Germán Díaz & Benxamín Otero e pechará o festival unha produción propia que revisitará a Historía do Soldado de Stravinsky a cargo do conxunto músico teatral Mutatio Ensemble. os concertos terán lugar no Círculo das Artes, na casa do Saber da USC e no Vello Cárcere.