Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Noroeste aumenta a súa aposta con novos nomes

O CARTEL DA SúA 33ª EDICIóN INCLúE NOVE PROPOSTAS DA ESCENA GALEGA

O festival Noroeste aumenta a súa aposta con novos nomes

MISCELáNEA | maio 10, 2019

imaxe non dispoñible

O 33º Festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña ven de desvelar esta semana un novo e importante avance do seu cartel para o evento que se celebrará do 6 ao 11 de agosto. Se ben o nome da americana Patty Smith segue a ser a cabeza da oferta xusto baixo e dela sitúianse algunhas das novidades recentes, como é o caso do histórico do punk Jello Biafra (Dead Kennedys) que actuará o mesmo día que Smith e a súa banda. Tamén engádense nesa liña os nomes de Belako e Nathy Peluso, propostas de gran tirón. Así mesmo,o Noroeste Estrella Galicia continúa un ano máis a súa aposta por visibilizar o que está a acontecer na escena musical galega, coas novas confirmacións de Baiuca, Basanta, Electra, Holywater, Os Amigos dos Músicos, Pablo Lesuit, Pardo, Santi Aráujo e Silvia Penide que veñen engadirse as anteri9ores de Andhrea & the Black Cats, Las Antonias e Vudú

Compartindo o enorme cartel desta cita que reúne ata 90.000 espectadores en cada edición tamén engádense os nomes de Joe Crepúsculo, Los Punsetes e Mastodonte. Pola súa banda, a icona da canción de autor e canción-protesta Paco Ibáñez estará na Selección Noroeste 2019, que tamén achegará a fusión de jazz e fado do compositor e músico portugués Júlio Resende. No 33º Noroeste Estrella Galicia na súa versión expandida por enclaves singulares da Coruña actuarán, ademais, as seguintes bandas e artistas recentemente confirmadas: Bart Davenport, Hailu Mergia, La URSS, Los Estanques, Los Vinagres, Los Voluble, Lucifer, Night Shades, Teething, The Sey Sisters, Volcanes e Zu. Estas novas figuras súmanse a un cartel no que xa estaban anunciadas Patti Smith and Band, Soleá Morente, , Holly Miranda, Jenny and the Mexicats.

Ligazóns