Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os festivais pequenos salpican de oferta musical o mapa

OSA DO MAR, TOULIñA POP E ANTROS PINOS XA PRESENTAN CARTEIS COMPLETOS OU AVANCES

Os festivais pequenos salpican de oferta musical o mapa

MISCELáNEA | abril 26, 2019

imaxe non dispoñible

Hoxe comeza en Vilalba unha das citas festivaleiras xa consolidadas con éxito no país, o FIV e faino con entradas esgotadas para esta edición. Outros festivais seguen adiantando noticias para este ano á espera de que o público os meta na súa axenda e vaia facéndose tamén coas entradas antes de que se esgoten. Hoxe falamos dun feixe de pequenas e interesantes propostas das que salpican a nosa xeografía. Por orde de celebración o vindeiro do que sinalar novidades é o Touliña Pop, que se celebrará en Sada nunha única xornada o vindeiro 11 de maio. Malia o nome Pop é un encontro de música rock & roll, garaxe, punk, powerpop e soul maiormente. A entrada é de balde aínda que de aforo limitado e xa ten o cartel completo presentado e encabezado pola banda californiana de rock The Lords of Altamont. Dúas formación galegas están na oferta, Thee Blind Crows e Terbutalina. Os británicos The Fuzillis e os madrileños Thee Braindrops e Furies completan o cartel da tarde. Os concertos Terán lugar nunha carpa instalada no Paseo Marítimo de Sada, na Praza Irmáns Picallo.

Será nos días 26 e 27 de xullo cando terá lugar a XIIª edición do festival Antros Pinos en Taragoña. O cartel xa está tamén presentado ao completo e aí están tamén os muradáns Terbutalina, xunto con NAO, Funky Style Brass, Machete En Boca, Balkan Bomba, Orquesta Neverloura, The Lelli Kelly's, Pachanguito e La SinCereza. Xustamente un mes despois en Combarro terá lugar o Armadiña Rock, do que polod e agora só se confirmaron esas datas entre o 23 e o 25 de agosto.

Unha das citas que cada ano levanta máis expectación é o singular festival de música independente e alternativa Osa do Mar. esta singular cita na localidade lucense de Burela ven de anunciar xustamente as súas datas de celebración para os días 14 a 17 de agostoe varios nomes xa para o seu cartel. Dez son as confirmacións xa: Berta Franklin, Brais Morán, Carolina Durante, Grande Osso, Kokoschka, La Plata, Los Pontiaks, Monoulious DOP, Thee Blind Crows e Zé Pequeno.

Ligazóns